viernes, 27 de agosto de 2010

O pozo de arán :)

Soñei, e todo estaba tan claro
Mirei, un lugar un pozo sagrado
Soñei, que o meu fillo estaba curado
Falei, ca' aquela velliña chorando
Meu neno na mirada ten unha noite infinita
O pozo do teu sono esta en aran na grande illa

Xa verás, a luz que alegra todo
Verás, por fin, o sol por riba noso
Verás o ceo, grande azul e limpo
Vas ver onde se xuntan ceo e mar
Coa vida nos teus ollos

Ben sei, é difícil aínda que queiras
Facer, que toda a vida floreza
Que ao fin, acabe con ver nesta espera
Que ao fin, poida ver meu neno esta terra
Eu pídolle ás estrelas que bendigan esta auga
Que o mundo non te cégue
Que a túa noite sexa clara

Xa verás, a luz que alegra todo
Verás, por fin, o sol por riba noso
Verás o ceo, grande azul e limpo
Vas ver onde se xuntan ceo e mar
Coa vida nos teus ollos

Xa verás, a luz que alegra todo
Verás, por fin, o sol por riba noso
Verás o ceo, grande azul e limpo
Vas ver onde se xuntan ceo e mar
Coa vida nos teus ollos

No hay comentarios: